ToolbarsExplorer
Este complemento facilita utilizar barras de ferramentas nas aplicacións,
proporcionando un modelo de exploración derivado da navegación de obxectos,
con xestos simplificados.
Atallos
- Alt+aplicacións: iniciar exploración de barras de ferramentas
(podes reasignalo mediante o administrador de xestos do NVDA; baixo Navegación de obxectos).
Durante a exploración, están dispoñibles os seguintes xestos:
- Frecha esquerda/dereita: móvese á anterior/seguinte barra de ferramentas;
- Frecha arriba/abaixo: desprázase cara arriba/abaixo polos elementos da
barra de ferramentas actual;
- Enter: activa a barar de ferramentas ou o seu elemento;
- Espazo: simula un click esquerdo do rato na barra de ferramentas ou o seu
elemento;
- Aplicacións/shift+f10: simula un click dereito do rato na barra de
ferramentas ou o seu elemento;
- Escape: sae da exploración.
Ademais, podes realizar accións en barras de ferramentas ou os seus
elementos usando calquera xesto proporcionado polo NVDA, exactamente como ao
moverte a obxectos coa navegación de obxectos estándar.
Notas
A exploración remata de maneira explícita premendo escape, e implícita:
- Realizando unha acción sobre a barra de ferramentas ou o seu elemento (con
espazo, aplicacións / shift+f10, enter);
- premendo un xesto que se mova fóra do obxecto actual da barra de
ferramentas (alt, Windows, tab, NVDA+F1, xestos de navegación por
obxectos, etc.).
Outros xestos que non conteñan alt, Windows ou escape (como h, 1, shift,
shift+h, control+z) simplemente non fan nada.
Suxestións
- O complemento pode fallar nas aplicacións de Mozilla a primeira vez trala
instalación/actualización do complemento; por favor reinicia NVDA e as
aplicacións de Mozilla para resolvelo;
- No LibreOffice, a mellor configuración é probablemente a barra de
ferramentas predeterminada ou unha soa, establéceo no menú ver/posición de
barra de ferramentas.
[[!tag dev stable]]