Documentación de complementos
Información
- Autores: Rui Fontes, Ângelo Abrantes, Zougane, Remy, Abdel e colaboracións de James Scholes
- Actualizado o 10/03/2023
- Descargar versión estable
- compatibilidade: NVDA 2019.3 e máis aló
Presentación
Este complemento proporciona un método rápido para acceder á documentación dos complementos que tes instalados.
Crea, no menú Axuda de NVDA, dous submenús.
Un, chamado "Documentación de complementos en execución", agrupa a documentación para cada complemento e subministra unha listaxe de atallos para todos os complementos en execución, cunha táboa para cada complemento.
Outro submenú chamado "Documentación de complementos deshabilitados", lista os complementos deshabilitados, dando acceso á súa documentación.
Por favor, lembra que os complementos de controladores de sintetizadores e braille non aparecerán en ningunha das categorías de enriba.
Ten en conta que tamén podes acceder á documentación dos complementos a través do Administrador de complementos no menú NVDA, Ferramentas. Alí tamén tes a información sobre o estado dun complemento.
Lembra tamén que podes acceder aos atallos do NVDA e os complementos no diálogo Xestos de entrada. Porén, neste diálogo os atallos de complementos non están agrupados e non podes encontrar un atallo que conteña "xanelas", por exemplo.
Cambios
Versión 21.05
Versión 2.1
Versión 2.0
- Agora, o complemento crea dous menús no menú Axuda de NVDA.
- O menú "documentación de complementos en execución" ten unha opción máis, para amosar a "Listaxe de atallos de complementos en execución", que contén os atallos de cada complemento nunha táboa
- O menú "documentación de complementos deshabilitados" só agrupa ós complementos deshabilitados con arquivos de documentación.
- Ten en conta que os complementos de controladores de sintetizadores e braille nunca se listan nos menús de enriba.
- Os complementos represéntanse polo seu resumo e non polo seu nome.
- Algunhas melloras no código.
Versión 1.2
- Arranxadas pequenas incidencias;
- Arranxada a importación do nome do submenú dende o resumo do complemento;
- forzar documentación a abrirse no navegador predeterminado, nunha nova xanela se é posible.
Versión 1.1
- compatibilidade con Python 3;
- Novo método para engadir submenús;
- Cambiado o nome dos elementos de menú ao resumo do complemento, para ter os nomes dos menús na lingua da interface, cando sexa posible.
Versión 1.0
- Versión inicial de Zougane, Rémy e Abdel actualizada para que sexa compatible con NVDA 2019.1.